Mostrando entradas con la etiqueta Noticias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Noticias. Mostrar todas las entradas

28 de abril de 2011

CME Viana 2011‏

Hoxe, 27 de abril, o IES Carlos Casares tivo o privilexio de acoller a xornada central da Campaña Mundial Pola Educación 2011 en Galicia, focalizada este ano no Dereito da Muller á Educación. Organizado polo Grupo de Voluntariado do Centro, Clara Ortega, Inés Ortega,Araceli Macías, Breixo Tomé, Rocío Rodríguez, Lois González e Samuel Balboa introduciron, presentaron e moderaron a actividade principal.

Tras unha pequena tarefa común, incluida na revista da campaña deste ano, as protagonistas foron catro mulleres, todas elas de diferentes idades, procedencia xeográfica e profesión, pero marcadas as catro pola importancia que a educación tivo para o seu futuro persoal. Ana Galparsoro, profesora e ex-responsable política en Vitoria-Gasteiz; Mary López, de San Clodio-Lugo, autonoma, xa xubilada, emprendedora e con moita iniciativa na súa vida; Raquel Rodríguez, texedora da Veiga que se criou na dura posteguerra e que hoxe, á beira dos 80 anos fai voluntariado, e , por úl timo Teresa Huanca, que, desde o altiplano boliviano ata París, Mónaco, e hoxe Viana, coñece as dificultades da emigración. Tras un intenso debate que se prolongaría no xantar, o acto rematou coa lectura do manifesto de 2011. O noso centro cobrou, pois, un protagonismo absoluto desta xeira, salientando por riba de todo a importancia esencial de Educar para a Solidariedade e a Cooperación.

26 de abril de 2011

CONVOCATORIA DE PRENSA

ACTO CENTRAL DA  CAMPAÑA “A EDUCACIÓN NON É UN CONTO” MAÑÁ MÉRCORES EN VIANA DO BOLO
 

Mañá MÉRCORES de 12:00 a 14:00 celebrarase o acto central da Semana de Acción Mundial Pola Educación no IES CARLOS CASARES de Viana do Bolo, onde o alumnado e profesorado do centro xunto con Ana Galparsoro, María López, Raquel Rodríguez e Teresa Huanca reclamarán por unha Educación de Calidade Gratuita para todos e todas as nenas do mundo.
_______________________________________________

Accede o documento completo premendo aquí.

13 de abril de 2011

"NO ES UN CUENTO"


Viana do Bolo acoge el primer taller del Campaña “La Educación no es un cuento”: por los derechos de las niñas y las mujeres

La Campaña Mundial por la Educación (CME) impartió el miércoles 6 de Abril el primer taller en el IES Carlos Casares de Viana con la participación de 9 docentes. Este taller se repetirá en varios centros de Galicia con la intención de formar al profesorado en la CME 2011

Caluroso día de Abril en la Provincia de Ourense para comenzar el ciclo de talleres que durante el mes de Abril la CME celebrará en diferentes lugares de Galicia. El lugar elegido no fue casualidad. Uno de los centros históricos de la Campaña Mundial por la Educación, el IES Carlos Casares de Viana do Bolo (premio nacional de Educación para el Desarrollo) acogía este primer taller  de formación con la presencia de 9 docentes del centro.

La formación se dividió en dos partes:

27 de enero de 2011

Semana da Orientación

Semana da Orientación no IES Carlos Casares. Durante os días 7, 8 e 9 de febreiro (para o alumnado de Bacharelato, da ESO e ás familas). Terá continuidade no mes de abril. Accede ao programa completo facendo clic aquí.

Fonte: Revista dixital "O Choupín"