Mostrando entradas con la etiqueta Cooperación Internacional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cooperación Internacional. Mostrar todas las entradas

22 de mayo de 2011

Brasil en Viana

Grazas á colaboración dunha amiga do IES Carlos Casares, a profesora Erica da Silva Sarmiento, podemos ter dúas xornadas de aproximación á realidade do Brasil, da máxima categoría pola calidade dos docentes que nos visitan.
Luis Fernández, Viana do Bolo.


16 de diciembre de 2010

IV XORNADAS IBEROAMERICANAS INTEGRANDO CULTURAS



O IES CARLOS CASARES DE VIANA  INVITADO POLA OEI A PARTICIPAR NAS  IV XORNADAS IBEROAMERICANAS INTEGRANDO CULTURAS


Os días 14 e 15 de decembro de 2010, o IES Carlos Casares de Viana do Bolo, participou, como invitado, nas “IV Xornadas Iberoamericanas Integrando Culturas” celebradas na Casa de América de Madrid e organizadas pola Organización de Estados Iberoamericanos (OEI).

O ano anterior participamos neste foro compartindo a experiencia de educación para o desenvolvemento, do irmandamento do noso instituto coa UE Timoteo Rondales de Bermejo (Bolivia), mediada pola ONG “Escuelas de la Tierra”. Nesa ocasión nos acompañara a colega boliviana, Yaneth Rivero.  Este ano dúas novas experiencias, con Ecuador e Arxetina, amplian o horizonte común de escola iberoamericana.

Na sesión Alvaro Marchesi, explicou os acordos recentes da cumbre iberoamericana de xefes de estado e de goberno, en relación, as Metas Educativas 2021. Mesas redondas, de políticas educativas, prácticas educativas e acción municipal de integración da inmigración completaron estas xornadas de tanto interés para a educación, o desenvolvemento e a integración.

Un profesor do instituto de Viana presentou a membros da OEI a unidade didáctica “Consumiendo en un Mundo Desigual”, realizada conxuntamente por profesorado de Viana do Bolo, Moscú e Bermejo (Bolivia), que acaba de recibir o primeiro premio de educación ao consumidor da Escola Galega de Consumo da Xunta de Galicia.

13 de diciembre de 2010

O IES CARLOS CASARES DE VIANA DO BOLO NO FORO MUNDIAL DA EDUCACION




O IES Carlos Casares de Viana do Bolo participou, o pasado sábado 11 de decembro de 2010, no Foro Mundial da Educación 2010, celebrado en Santiago de Compostela. Na aula 25, da Facultade de Económicas da USC, nunha sesión que tivo lugar desde as 10:30 as 13:30, compartimos a nosa experiencia educativa cos compañeiros e compañeiras do IES Terra de Trasancos de Narón, que nos contaron os proxectos de educación para o desenvolvemento e cooperativismo que realizan en Jujuy (Argentina) e Tarija (Bolivia), así como os traballos sobre banca ética ou obxectivos de desenvolvemento do milenio, que abordan desde as materias de Bacharelato ou de ciclos formativos de grao superior.
Eles e nos compartimos a ledicia de ter conseguido o Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento Vicente Ferrer, da AECID. A sesión, ademais de formativa,  serviu para coñecernos e comezar a traballar xuntos en favor da potenciación da educación para o desenvolvemento en Galicia e a traballar para que os centros educativos de primaria e secundaria sexan recoñecidos, polas administracións, como posibles entes de voluntariado e cooperación.
Tres representantes do alumnado (Clara Ortega, Samuel Balboa e Inés Ortega) e dous dos profesorado (Manuel Martínez e Luis Fernández) relataron durante 45 minutos a Senda da Convivencia do IES Carlos Casares de Viana. A mediación escolar, o voluntariado e a cooperación internacional coa UE Timoteo Rondales de Bermejo (Bolivia) coa ONG Escuelas de la Tierra, foron, novamente, contados para colaborar na sensibilización destas temáticas. Nesta ocasión, neste foro de tanta importancia que reúne en Compostela a educadores e educadoras de moitos países do planeta.
Como non, o día no que no Foro Mundial da Educación, se falou do Seminario Galego de Educación para a Paz, Xesús Rodríguez Jares volveu a estar presente, de xeito cariñoso, agradecido e esperanzador, na nosa sesión, entre outras cousas, porque as alumnas Clara e Inés Ortega tiveron a sorte, por amizade persoal, de compartir momentos con Suso Jares, un vianés sempre na memoria. 

 Por: Inés Ortega, Clara Ortega, Samuel Balboa, Manuel Martínez, Luis Fernández